23/02/16 - É un proxecto da USC financiado por FECYT

Todocosmos achegará a astronomía á poboación en quince concellos galegos

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Onte presentaron a terceira edición do proxecto Todocosmos, organizado polo Observatorio Astronómico da USC, co financiamento de FECYT e a colaboración de Óptica Val. O seu obxectivo é achegar a astronomía a todos os públicos. Nesta edición, a iniciativa percorrerá quince concellos de toda Galicia, tres máis que en 2015.

    Os concellos participantes na proposta son: Allariz, Ames, Boqueixón, Lalín, Noia, Ordes, Oroso, Padrón, Rianxo, Ribadeo, Santiago, Sanxenxo, Teo, Vedra e Vila de Cruces, aos que sumarán actividades puntuais noutras localidades como a sesión de observación celebrada recentemente en Melide. En todas estas localizacións haberá unha programación continua, condicionada polas condicións climatolóxicas, con sesións de observacións, visitas, charlas e seminarios para todos os públicos e lugares.

    Fonte: Xornal da USC

Pe de paxina