19/02/16 - 300 escolares acudirán á feira da miniciencia

Pontevedra acollerá en xuño a III edición de Pontenciencia

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Espertar o interese polo mundo da ciencia e a investigación entre o alumnado de Primaria da cidade é o obxectivo central de Pontenciencia, un programa promovido pola Concellería de Educación do Concello de Pontevedra xunto coa Vicerreitoría do campus que levará a máis de 300 escolares a desenvolver os seus propios experimentos científicos, que os días 3 e 4 de xuño presentarán na Escola de Enxeñaría Forestal. A terceira edición deste proxecto financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), dependente do Ministerio de Economía y Competitividad, foi presentada este xoves en rolda de prensa pola concelleira Carmen Fouces e o vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho, que salientaron o valor dunha iniciativa que propón "unha conexión directa do alumnado de Primaria coa Universidade”, como apuntou a responsable de Educación.

    Fonte e máis información: DUVI

Pe de paxina