18/02/16 - Unha iniciativa do INCIPIT (CSIC) no marco dun proxecto europeo

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Fallan os premios do concurso internacional de debuxo-pintura, fotografía e vídeo sobre arqueoloxía

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), a través do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), xunto cos outros 13 socios do proxecto europeo New Scenarios for a Community-Involved Archaeology (NEARCH), fixo público o fallo do xurado do concurso internacional "A túa arqueoloxía. Retratando o pasado", cuxo obxectivo era que os cidadáns europeos mostrasen a través de obras artísticas (debuxos, pinturas, fotografías ou vídeos) a relación que manteñen coa arqueoloxía e co "seu" patrimonio.
     
    En total, recibíronse 300 obras, das que 262 corresponden a público adulto e 38 a público infantil (0-12 anos).
     
    Entre os galardoados atópase Daniel Baraldés Roales, natural de Sevilla, quen resultou distinguido na categoría de fotografía con "Century Old". Trátase dunha  fotografía nocturna do Dolmen del Pozuelo, un dos que conforman a necrópole da localidade de El Pozuelo, no Termo Municipal de Zalamea La Real (Huelva). A fotografía realizouse o 12 de xullo de 2015, ás 4:05 horas da madrugada.

    Fonte: Delegación do CSIC en Galicia

Pe de paxina