17/02/16 - Gran valedor dos produtos naturais autóctonos

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea ao químico Ignacio Ribas

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O químico Ignacio Ribas Marqués será o homenaxeado este ano no Día da Ciencia en Galicia, a celebración promovida pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) para reivindicar a importancia
    da investigación a través das súas figuras máis destacadas. A homenaxe, que coincide co vixésimo aniversario do falecemento do investigador, foi aprobada unanimemente polos académicos a conta do papel de Ribas como artífice do despegue da química orgánica en Galicia grazas aos seus traballos sobre a obtención de produtos naturais a partir de especies vexetais autóctonas,
    continuado pola numerosa escola de discípulos aos que formou.
    Aínda que o acto académico de homenaxe terá lugar o 8 de outubro (coincidindo coa data de nacemento do Padre Feijoo), as actividades de difusión e divulgación sobre a figura de Ribas, que foi membro fundador da RAGC, estenderánse desde este primeiro trimestre do ano, coa colaboración das institucións científicas vinculadas ao investigador e da Fundación Barrié.

    Fonte: RAGC

Pe de paxina