16/02/16 - Para traballar contidos científico-tecnolóxicos na aula

Xuvenciencia distribúe unidades didácticas entre centros educativos

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Docentes pertencentes a vinte centros de ensino medio das catro provincias galegas traballarán nas aulas con unidades educativas ligadas aos ámbitos científico e tecnolóxico desenvolvidas polo grupo de investigación da USC Xuvenciencia e deseñados por profesorado do campus de Lugo para favorecer a aprendizaxe a través da experimentación nas aulas con contidos adaptados a niveis formativos de ensino preuniversitario.

    As tres unidades ou kits educativos elaborados ata a data na USC no marco do proxecto  Xuvenciencia na aula, "Animal CSI", "Vitroplant" e "Photonic Explorer", teñen unha marcada orientación científica e tecnolóxica, polo que se antollan como ferramentas educativas e didácticas acaídas para profesorado de ensino medio das áreas de Física, Química, Bioloxía, Tecnoloxía... Os centros educativos presentes nesta edición de ‘Xuvenciencia para profesorado’ recibiron de xeito gratuíto cadanseu kit educativo a demanda do profesorado asistente.

    Fonte: Xornal da USC

Pe de paxina