![]() |
Organizas actividades de divulgación? CÓNTANOS! |
Os profesores Juan Lema Rodicio e Juan José Nieto Roig incorporaranse ao longo de 2016 como académicos á Real Academia Galega de Ciencias. Juan Lema é catedrático de Enxeñaría Química da USC e está considerado unha referencia mundial na área da biotecnoloxía ambiental, principalmente na degradación anaerobia de contaminantes. Pola súa parte, Juan José Nieto Roig é catedrático de Análise Matemática e coordinador do grupo de investigación de Ecuacións Diferenciais non Lineares, e figura na listaxe dos científicos altamente citados no eido das Matemáticas que elabora Thomson Reuters, nas edicións de 2014 e 2015.
Fonte: Xornal da USC