09/02/16 - Tamén se entregaron os galardóns de Sensores para todos

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Igaciencia entrega os premios do certame Inventa en galego

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Este sábado, 5 de febreiro, entregáronse na Coruña os premios da segunda edición do certame Inventa en Galego, organizado por IGACIENCIA (Institución Galega da Ciencia) co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Inventa en galego é un concurso dirixido aos centros de ensino para que desenvolvan aplicacións en Android, usando a linguaxe de programación App Inventor, centradas nos lugares de interese turístico da súa zona. No acto entregáronse tamén os galardóns Sensores para todos, dirixidos desenvolver utilidades arredor dos sensores da plataforma de hardware Arduino ou os brinquedos Lego.
    Os premiados nesta segunda edición de Inventa en Galego foron: o primeiro premio correspondeulle ao IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña pola súa aplicación Galician e a segunda posición foi para o IES de Ames grazas á súa aplicación ComposTour.
    Canto ao concurso Sensores para todos, resultou premiada a proposta de alumnos de 1º de bacharelato do IES de Brión, consistente nun sensor localizador de zonas escuras.

    Fonte: Código Cero

Pe de paxina