15/01/16 - Polas súas investigacións no campo da seguridade multimedia

O catedrático Fernando Pérez, recoñecido polo Institute of Electrical and Electronics Engineers

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O catedrático de Teoría do Sinal e das Comunicacións na Universidade de Vigo, Fernando Pérez González, autor de 15 patentes internacionais e de máis de 200 artigos de investigación, é desde este mes de xaneiro membro IEEE Fellow, unha distinción reservada unicamente para os e as integrantes máis destacados do Institute of Electrical and Electronics Engineers, IEEE, e que constitúe a máis alta honra que pode acadar un membro do instituto.

    Esta distinción chégalle a Fernando Pérez tras máis de 20 anos dedicados á investigación aplicada no campo das telecomunicacións, máis especificamente nas áreas de comunicacións dixitais e seguridade multimedia, campos de especialización do catedrático, que desenvolve a súa actividade investigadora no seo do Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións, integrante do Centro de Investigación AtlantTIC.

    Fonte: DUVI

Pe de paxina