08/01/16 - Desenvolve a súa actividade no Grupo de Materiais Magnéticos da UVIGO

A RAGC outórgalle o Premio de Promoción de Novos Investigadores ao químico Miguel Alexandre Ramos

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Miguel Alexandre Ramos recibirá o Premio de Promoción de Novos Investigadores no marco dos XXIV Premios de Investigación Ernesto Viéitez outorgados pola Real Academia Galega de Ciencias. O investigador da Universidade de Vigo fíxose merecedor do premio polo seu Traballo Fin de Grao sobre o deseño e obtención de nanopartículas octaédricas de monóxido de cobalto. No traballo, Miguel Alexandre Ramos describe procesos complexos como o que permite crear ocos dentro das nanopartículas, o que facilita a súa aplicación no transporte e liberación de fármacos, entre outros usos.

    Graduado en Química pola Universidade de Vigo en 2014, Miguel Alexandre Barros está a cursar na actualidade o Máster in Biological Sciences, ao tempo que desenvolve desde hai dous anos o seu labor investigador no Grupo de Materiais Magnéticos que dirixe Verónica Salgueiriño.

    Fonte e completa información: DUVI

     

Pe de paxina