08/01/16 - Despréndese dun estudo elaborado pola consultora Everis

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Só un 8,5% dos universitarios galegos cursan carreiras de ciencia e tecnoloxía

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Dos 10.000 alumnos titulados nas Universidades galegas en 2014, só 753 cursaron carreiras científico-tecnolóxicas, unha tendencia descendente que se mantén desde 2010. Uns datos que contrastan coa crecente demanda de emprego no sector TIC a nivel rexional, estatal e europeo.

    Así queda de manifesto no “Estudo sobre os factores influentes na elección de estudos científicos, tecnolóxicos, enxeñerías e matemáticas en Galicia”, elaborado pola consultora multinacional Everis, dentro dos seus compromisos como empresa asinante do Pacto Tecnolóxico de Galicia.

    Entre as causas da falta de vocacións STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñerías e Matemáticas), o estudo identifica unha serie de variables que inflúen nos alumnos á hora de elixir o seu itinerario formativo: o propio alumno, a contorna próxima, a contorna educativa e a contorna social.

    O informe completo está dispoñible no portal da Amtega, http://amtega.xunta.gal/documentos/

    Fonte: GCiencia

Pe de paxina