18/12/15 - Segundo a revista Science

O corta-pega xenético é o achádego do ano 2015

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A revista Science dedica o primeiro posto do decálogo dos achádegos de 2015 á técnica CRISPR ou comúmente chamada "corta e pega xenético" que promete revolucionar o campo da biomedicina.
    Foi a técnica pola que Emmanuelle Charpentier, francesa, e Jennifer Doudna, estadounidense, recibiron este ano o premio Princesa de Asturias de Investigación, e agora a revista Science elévaa ao número un da listaxe dos descubrimentos científicos do ano. Grazas a este procedemento, fácil de usar e de baixo custo, agora estase máis preto de curar enfermidades para as que non hai terapias ou, mesmo, previlas nun individuo e nas seguintes xeracións.

    Fonte e máis información: El Mundo

Pe de paxina