18/12/15 - Na decimoterceira edición do certame

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

FECYT e CSIC premian as mellores imaxes do ano no FOTCIENCIA 13

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A imaxe titulada "Que esconde a man dun neno?",  recibiu o primeiro premio na categoría Xeral da 13ª edición do certame de fotografía científica FOTCIENCIA. Os seus autores, Raúl Rivas e Lorena Celador, fotografaron a pegada dunha nena de seis anos que pousou a súa man sobre unha placa de Petri. A imaxe, tomada tras incubar a placa durante dous días, reflicte colonias de fermentos e unha gran diversidade de colonias de bacterias en distintas formas e tonalidades. O obxectivo era demostrar a alumnos de Infantil e Primaria dun colexio de Salamanca a importancia que ten lavarse as mans e, ao mesmo tempo, ensinarlles que a presenza de microorganismos na nosa pel é algo habitual.

    Un xurado formado por 14 profesionais relacionados coa fotografía, a microscopía e a divulgación científica premiaron en diferentes categorías outras seis imaxes, entre elas a tamén gañadora do primeiro premio, en categoría Micro, "Mundo sostible", de Ruth Sánchez e Antonio Tomás López. Esta imaxe mostra un cristal de zeolita obtido a partir de residuos que se utiliza para eliminar metais pesados en augas contaminadas.

    Este concurso de ámbito nacional, organizado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) e o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), coa colaboración da Fundación Jesús Serra, pretende achegar a ciencia á cidadanía a través de fotografías que abordan cuestións científicas desde unha visión artística e estética. Cada imaxe vai acompañada dun comentario escrito polo seu autor ou autora no que explica o interese científico do que ilustra.

    Como en edicións anteriores, as fotografías premiadas, xunto a outras seleccionadas entre as case 700 que se presentaron, serán incluídas nun catálogo e formarán parte dunha exposición itinerante que percorrerá diferentes museos e centros de España durante 2016.

    O vídeo coas imaxes gañadoras e toda a información relativa ao concurso están dispoñibles na web www.fotciencia.es.

    Fonte e máis información: FECYT

Pe de paxina