16/12/15 - Concedido pola Asociación de Médicos Galegos (Asomega)

José Castillo, galardoado co XIX Novoa Santos de Investigación

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O médico do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e catedrático da Universidade de Santiago (USC) José Castillo Sánchez vén de ser premiado co XIX Premio Novoa Santos de Investigación, concedido pola Asociación de Médicos Galegos (Asomega). Castillo Sánchez é catedrático de Medicina da Universidade de Santiago e xefe do servizo de Neuroloxía do CHUS.
    Asomega destacou o gran valor docente e investigador que achegou durante a súa carreira profesional e o seu destacado labor asistencial» na área da Neuroloxía, máis concretamente en Neuroloxía Vascular (Unidade de Ictus).
    O acto de entrega terá lugar no Paraninfo da USC o 28 de xaneiro.

    Fonte: La Voz de Galicia, Santiago

Pe de paxina