16/12/15 - Na modalidade de actividade académica e investigadora

O CSIC recibe o Premio Camiño de Santiago 2015

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O grupo de investigación «Culturas e Sociedades no Mundo Ibérico desde a Idade Media», do Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento", centro mixto do CSIC e da Xunta de Galicia, recibirá hoxe o Premio Camiño de Santiago, en recoñecemento ao seu traballo de investigación e estudo do Camiño de Santiago e da peregrinación, cultura e patrimonio xacobeos, nun acto que terá lugar ás 11.00 horas na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela).
     
    O grupo de investigación premiado leva traballando desde o 2008 nos principais aspectos históricos, culturais, políticos e relixiosos das peregrinacións. Nese ano comezaron a celebrarse os Coloquios Internacionais Compostela, punto de encontro entre expertos que se dedican ao estudo e análise das peregrinacións en xeral e das peregrinacións xacobeas e do Camiño de Santiago en particular.

    Fonte: Delegación do CSIC en Galicia

Pe de paxina