15/12/15 - Tralas revisións de 2012 e 2013, o recoñecemento pasa a ser definitivo

O Campus do Mar acada o selo de excelencia internacional definitivo

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O Campus do Mar da Universidade de Vigo continuará sendo excelente, pero a partires de agora, de xeito definitivo. A agregación mariña da institución académica viguesa, que agrupa a máis de 3000 investigadores dunha vintena de institucións de Galicia e Portugal, vén de reconfirmar o selo de excelencia que outorga unha comisión internacional designada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, que se encarga de avaliar e analizar a consecución dos obxectivos definidos polos campus de excelencia internacional das universidades españolas. Tralas avaliacións parciais dos anos 2012 e 2013, Campus do Mar acada agora esta de carácter definitivo, que coincide ademais no tempo coa confirmación dunha achega do Ministerio de Educación de 166.845 euros para o financiamento de actividades de internacionalización e empregabilidade do campus de excelencia internacional mariño da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

    Fonte: UVIGO

Pe de paxina