10/12/15 - A dúas investigacións sobre neurociencia de QuBiotech e do IDIS

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

A Real Academia de Ciencias concede os seus premios de transferencia tecnolóxica

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Dous proxectos vinculados ao cerebro foron os gañadores do I Premio de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2015. Un desactivador do glutamato, neurotransmisor que se libera en cantidades excesivas nun infarto cerebral, e un software capaz de cruzar os datos de imaxes médicas no diagnóstico de doenzas como o Alzheimer ou a epilepsia levaron os premios ao mellor traballo dun grupo de investigación aplicada e ao éxito empresarial de transferencia de tecnoloxía, respectivamente, e contribúen a loitar contra enfermidades cada día máis presentes nunha sociedade envellecida como a galega. O premio está promovido pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta. Os galardóns entregaranse en Compostela nunha cerimonia a mediados de xaneiro.

    Fonte: GCiencia

Pe de paxina