19/11/15 - Na docencia e investigación

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

A USC e a UDC conceden os seus premios á introdución da perspectiva de xénero

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade da Coruña (UDC) veñen de resolver os seus premios á introdución da perspectiva de xénero na docencia e a investigación.

    A Universidade de Santiago de Compostela entregou onte os seus Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación. Das accións innovadoras na docencia, fíxose co primeiro premio a presentada por Carmen Sánchez Carreira e Pedro Varela Vázquez, de Ciencias Económicas e Empresariais, que reflicte a experiencia de incluír a perspectiva de xénero na materia ‘Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico’. Dos traballos de investigación presentados resultou gañador ‘Steel Barrier: Legal implications from a gender equal opportunity perspective’ das profesoras da Facultade de Relacións Laborais María Bastida Domínguez e Silvia Moscoso Ruibal.

    Pola súa banda, a Universidade da Coruña resolveu o III Concurso de traballos académicos con perspectiva de xénero Ängeles Alavriño. Os traballos premiados foron: na categoría Traballo Fin de Mestrado a "La mujer directiva en España, un camino por recorrer" presentado por D.ª Iria Carpente Seco e a "A Diagnose da coeducación na ESO e no Bacharelato. Unha proposta para o cambio coeducativo desde os departamentos de orientación" presentado por D.ª Natalia Domínguez Galán e, na categoría Traballo Fin de Grao, a "Indagacións interdisciplinares na violencia de xénero: feminismo e educación para a paz" presentado por Dª Tania Pereira Carracedo e "Repressions and Resistance: native american women and galician women" presentado por Dª Sara Cambeiro Vázquez.

Pe de paxina