18/11/15 - Unha iniciativa público-privada

Constitúese a Fundación Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A Fundación Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia constituiuse formalmente onte. Os representantes dos patróns fundadores de carácter público, Universidade de Vigo e Zona Franca, e os privados, Airbus, Consorcio Aeronaútico Gallego (CAG), Deltavigo e a Unión de Empresas Gallegas de Aeronáutica (Udega), asinaron ante notario a constitución dun centro que aspira a converterse no principal foco de innovación e desenvolvemento do noroeste peninsular para o sector aeroespacial. Radicado no edificio tecnolóxico de Porto do Molle, que abrirá as súas portas o vindeiro ano 2016, o Centro será o único de Galicia coa especificidade que precisan os sectores aeronáutico e aeroespacial, así como un complemento para o Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (Lugo) e unha imaxe de marca propia para as empresas do sector, segunda informa o Diario da Universidade de Vigo (DUVI).

    Fonte e máis información: DUVI

Pe de paxina