10/11/15 - Na súa modalidade de iniciativas culturais

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

O programa Conciencia queda finalista dos Premios da Crítica Galicia 2015

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O programa ConCiencia da Universidade de Santiago foi elixido finalista entre unha vintena de candidaturas da XXXVIII edición dos Premios da Crítica Galicia 2015 na modalidade de iniciativas culturais.

    Finalmente o xurado decidiu outorgarlle este sábado en Vigo o premio ao festival compostelán Cineuropa, que tamén competía co Festival de Ortigueira.

    ConCiencia é un programa de divulgación científica que trae á cidade de Santiago recoñecidos e recoñecidas especialistas de primeira orde mundial (premios Nobel, Abel, Medalla Fields...) para participar en diversas actividades dirixidas non só a público especializado senón a toda a cidadanía co fin de achegar a ciencia á sociedade. Grazas a esta iniciativa, que coordina o profesor da USC Jorge Mira, visitaron Compostela Stephen Hawking, Ada Yonath ou John Nash.

    Fonte: Xornal da USC

Pe de paxina