10/11/15 - A empresa de biotecnoloxía Celtalga, finalista na categoría de Idea Emerxen

Imatia e Situm, gañadoras nos premios Galicia Spin-Off

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A empresa viguesa Imatia, dedicada ao desenvolvemento rápido de software innovador, e a compostelá Situm, especializada en xeoposicionamiento en interiores, foron elixidas polo xurado como as gañadoras dos premios Galicia Spin-off nas categorías Selo de Calidade e Idea Emerxente, respectivamente. A empresa de biotecnoloxía Celtalga recibirá tamén unha distinción ao resultar finalista na categoría Idea Emerxente.
    Os premios foron convocados polo Banco Pastor e o portal GCiencia co obxectivo de distinguir ás spin-off galegas máis destacadas pola súa traxectoria (Selo de Calidade) e pola posta en marcha de ideas innovadoras (Idea Emerxente). Os galardóns entregaranse nun acto que terá lugar a finais de novembro na sede da Fundación Barrié de la Maza en A Coruña.

    Fonte: GCiencia
Pe de paxina