15/10/15 - Súmase á sección de Matemáticas, Física e Física do Cosmos

O profesor e ex reitor da USC Senén Barro ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade de Santiago, Senén Barro Ameneiro, ingresou na tarde de onte, mércores 14 de outubro, como académico numerario da Real Academia Galega de Ciencias. Barro súmase á sección de Matemáticas, Física e Física do Cosmos da Academia. O discurso de ingreso levaba por título "Poden pensar as máquinas?" e foi introducido polo catedrático de Física da materia Condensada da USC, Félix Vidal Costa.

    Fonte: Xornal da USC

Pe de paxina