14/10/15 - Este avance permitirá mellorar a calidade xenéticamente

Científicos do CSIC logran clonar eucaliptos "in vitro"

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Científicos do CSIC no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas (Santiago de Compostela) conseguiron, tras tres anos de ensaios e no marco dun contrato de investigación coa Empresa Foresta Mantemento de Plantacións, o desenvolvemento da metodoloxía de embrioxénese somática para a propagación in vitro dunha das principais especies comerciais de eucalipto, o Eucaliptus globulus e do híbrido E.saligna x E. maidenii.
    Este avance científico-técnico abre as portas á clonación e conservación de exemplares de notable interese, así como á transformación con xens que melloren as súas calidades.
    Os detalles do protocolo que puxeron a punto publícanse na revista Tree Physiology.

    Fonte: Delegación do CSIC en Galicia

Pe de paxina