14/10/15 - Neste ano recibiu 30.000 visitas

Primeiro aniversario do Museo de Historia Natural na súa nova sede

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O Museo de Historia Natural da USC cumpre un ano desde que abriu as súas portas na nova sede na finca Vista Alegre. Dende entón pasaron xa preto de 30.000 persoas, público de todas as idades pero tamén de moitos centros de toda Galicia e o Norte de Portugal e grupos significativos de turistas que xa inclúen este museo na súa ruta pola cidade. 

    A partir de pezas que se remontan ao século XIX, doazóns e achegas institucionais e persoais, o Museo de Historia Natural que dirixe a profesora de Bioloxía da USC María Isabel Fraga reivindica a súa misión educativa e social, xa que ademais das súas tarefas de investigación e educación formal centra o seu labor na divulgación científica. 

    Entre as iniciativas que o Museo puxo en marcha no seu primeiro ano de vida destaca a Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC, que ten como obxectivo a promoción da entidade e a colaboración en actividades científicas, culturais, educativas e recreativas. Ademais, organiza obradoiros durante todo o ano dirixidos a un público infantil e adulto.

    Fonte e máis información: Xornal da USC

Pe de paxina