09/10/15 - Recibiu o premio Astellia do Colegio Oficial de Ingenieros de Teleco

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

A investigadora Mónica Portela, mellor traxectoria académica nacional no eido da telecomunicación

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A enxeñeira Mónica Portela vén de ser galardoada co Premio Astellia á Mellor Traxectoria Académica en Enxeñaría de Telecomunicación, unha distinción outorgada polo Colegio Oficial de Ingenieros de Telecomunicación e pola Asociación Española de Ingenieros de Telecomunicación. Trátase dun premio a nivel estatal que recoñece o traballo realizado durante os anos de carreira. Portela obtivo tamén o Premio Fin de Carreira da Xunta de Galicia en 2013 pola enxeñaría técnica, mentres que este novo galardón corresponde á enxeñaría superior. A investigadora traballa actualmente no grupo de Sistemas Radio da Universidade de Vigo.

    Fonte: DUVI

Pe de paxina