08/10/15 - Pola súa traxectoria no eido da ciencia e a tecnoloxía

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

A arquitecta Isabel Aguirre gaña o premio María Josefa Wonenburger

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O Pleno da Unidade de Muller e Ciencia, na súa reunión do pasado luns 5 de outubro, decidiu outorgar o Premio María Josefa Wonenburger 2015 á arquitecta Isabel Aguirre de Úrcola.

    A Xunta creou este premio no ano 2006 para resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e da tecnoloxía. Dende a súa creación, foron merecedoras deste recoñecemento mulleres que dedican a súa vida profesional a algún campo específico da ciencia ou da tecnoloxía.

    A premiada deste ano, é a arquitecta Isabel Aguirre de Úrcola. Orixinaria de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), Aguirre é arquitecta pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, e directora da “Escola Galega da Paisaxe” da Fundación Juana de Vega dende a súa creación en 2008.

    Ademais, foi profesora titular de E.U de la E.T.S de Arquitectura de A Coruña dende 1990 ata 2007. Profesora titular Estética na E.T Diseño Industrial da Universidad da Coruña dende 1999 ata 2007. É Premio Nacional de Arquitectura ‘Manuel de la Dehesa’ en 1997 pola rehabilitación do Parque de Bonaval en Santiago de Compostela, xunto con Álvaro Siza.

    Este ano foi galardoada co Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico polo seu traballo de recuperación paisaxística do entorno do Mosteiro de Caaveiro. É membro do Comité de Directores da Escola do European Council of Landscape Architecture Schools.

    A súa experiencia docente esténdese ademais a outras universidades españolas e estranxeiras. Expuxo a súa obra na Universidade de Harvard EEUU na exposición “Os 15 mellores Paisaxistas de Europa” no ano 2000. Encargouse das obras dos proxectos dos Parques Oeste Vale/Grande e Parque Sur en Lisboa, e do proxecto de rehabilitación de Illa do Cobo ou A Illa das Esculturas en Pontevedra. A Illa das Esculturas foi calificada como unha das iniciativas máis interesantes na creación de “paisaxes culturais” postas en práctica en Galicia nos últimos anos e pioneira en España. Tamén traballou na rehabilitación da Mina de Meirama. Dirixiu cursos da Universidade Internacional Menendez Pelayo sobre Desenvolvemento Sostible en 2005,2006, 2007 e 2008.

    É presidenta da Irmandade da Ribeira Sacra, cuxa finalidade é promover, recuperar e salvagardar os valores culturais, históricos e paisaxísticos da Ribeira Sacra, deu vida, por iniciativa del Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a un proxecto de miradoiro vangardista no Canón do Sil, no corazón da Ribeira Sacra, cuxa finalidade é actuar como referencia mediática para proxectar ao exterior a paisaxe desta singular zona de Galicia. É autora do proxecto de recuperación do patrimonio ferroviario de Galicia e da creación do museo do ferrocarril de Galicia en Monforte.

    Actualmente dirixe e coordina o Master de Arquitectura de Paisaxe da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega, da Universidade de Santiago de Compostela e a Universidad da Coruña e forma parte do Comité de Persoas Expertas da Escola Galega da Paisaxe.

    Fonte: Xunta de Galicia

Pe de paxina