07/10/15 - Organizado polos centros de excelencia Severo Ochoa

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Peregrina Quintela, presidenta de math-in, participará en 100XCiencia

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Peregrina  Quintela, presidenta de math-in, participará no evento 100XCiencia, Communicating Frontier Science, na mesa redonda "Impacto das accións de divulgación da ciencia na sociedade".

    Este encontro internacional entre medios de comunicación e centros de excelencia Severo Ochoa está motivado pola necesidade compartida entre os centros de excelencia Severo Ochoa de optimizar os seus esforzos en comunicación e divulgación para dar a coñecer de maneira alcanzable, clara e atractiva as súas fortalezas, recursos e resultados no ámbito da I+D.

    100xCIENCIA exponse co obxectivo de destacar a actividade investigadora dos centros acreditados con este distintivo nos medios de comunicación nacionais e internacionais, co propósito último de mellorar a percepción social da ciencia que realizamos, achegando claridade, accesibilidade e ferramentas eficientes de comunicación e divulgación.

    Contará coa presenza dunha delegación convidada de recoñecidos comunicadores da ciencia e representantes de grandes medios de comunicación nacionais/internacionais que tomarán parte activa durante a celebración do evento.


    100xCIENCIA está organizado polos 20 centros de excelencia  Severo Ochoa acreditados até o momento polo Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO).

    Fonte: Math-in

Pe de paxina