30/09/15 - Concedido pola Fundación Europea para o Estudo da Diabete

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Rubén Nogueiras, recońecido co premio ao mellor investigador mozo no campo da Diabete

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  •  

    O investigador da USC Rubén Nogueiras acaba de ser recoñecido co premio Rising Star da Fundación Europea para o Estudo da Diabetes, un galardón que premia a traxectoria de novos investigadores, menores de 38 anos, que estean desenvolvendo a súa actividade de investigación en Europa. O premio quere promover a investigación innovadora arredor da diabetes e outórgase a científicos cunha liña de investigación ben definida e orixinal cuxos resultados teñan sido publicados en revistas de alto impacto.
     
    Actualmente, Ruben Nogueiras é profesor do Departamento de Fisioloxía e investigador do Centro singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) onde coordina o grupo de Metabolismo Molecular, cuxo reto principal está dirixido a descifrar as complexas e múltiples vías moleculares que causan a obesidade e a diabete tipo 2. O grupo mantén unha estreita colaboración con varios grupos clínicos nacionais e internacionais co fin de comprender o potencial dos datos obtidos en laboratorio poden ter sobre os pacientes.

Pe de paxina