18/09/15 - Outorgado pola Sociedade Española de Xenética

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Ángel Carracedo recibe o Premio Nacional de Xenética

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O catedrático da Universidade de Santiago de Compostela Ángel Carracedo Álvarez recibe este venres 18 na Universidade de Córdoba o Premio Nacional de Xenética concedido pola Sociedade Española de Xenética.

    A Carracedo concedéronlle o Premio Nacional na modalidade aplicada polo seu labor pioneiro no desenvolvemento de novas tecnoloxías para a identificación forense,  baseadas na xenética molecular, que tiveron  unha  grande  proxección internacional. Polas súas notables achegas nos ámbitos da xenética forense, clínica e de poboacións. Así mesmo, segundo o xurado, son destacables as contribucións do catedrático da USC  á oncoloxía clínica e ao establecemento das bases moleculares de varias enfermidades mentais e vasculares. Tamén foi considerado o traballo de Carracedo e o seu equipo na parte asistencial, “realizando decenas de miles de probas xenéticas para a detección de enfermidades raras, moitas delas con tecnoloxía propia”.

    Fonte: Xornal da USC

Pe de paxina