16/09/15 - Nela atopáronse restos da ocupación neandertal e sapiens

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

As excavacións de Cova Eirós afondan no Paleolítico medio galego

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  •  

    A pasada semana concluíron os traballos de escavación no xacemento de Cova Eirós (Cancelo, Triacastela, Lugo), que arrincaron o pasado 5 de agosto ao abeiro do convenio asinado entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, que achega 30.000 euros para os traballos de escavación, investigación e documentación do xacemento.
     
    Esta importante intervención está dirixida polo Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noreste (GEPN) da USC, en colaboración co Institut Català de Paleoecologia Humana i Evolució Social (IPHES) de Tarragona. O descubrimento de máis de dous mil restos arqueolóxicos axuda a botar luz sobre un dos períodos menos coñecidos da Prehistoria galega, o Paleolítico medio.
     
    A Cova de Eirós é coñecida por ser un dos poucos xacementos que contén restos de ocupacións de dúas especies de homínidos diferentes, os neandertais e os Sapiens. Nas campañas que comezaron no ano 2008 escaváronse os niveis máis recentes de 30.000 anos, relacionados co H. sapiens, e onde saíron  á luz varias evidencias de arte moble e arte rupestre.

    Fonte e máis información: Xornal da USC
     
Pe de paxina