15/09/15 - Convocado polo Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña

Un traballo da USC gaña o premio Antonio Usero de Ciencias da Saúde

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O traballo ‘Prototipado de scaffolds nanoestruturados para rexeneración ósea’, desenvolvido no grupo I+D Farma da USC e con Carlos A. García González como investigador principal, resultou gañador da novena edición do Premio de Investigación Antonio Usero da área de Ciencias da Saúde que convocan o Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña. Xunto a Carlos García, o grupo de traballo galardoado está formado pola rofesora titular Carmen Álvarez Lorenzo e o catedrático Ángel Concheiro Nine. O xurado destacou o rigor da investigación e o que pode supor “para a recuperación de moitas persoas con problemas de saúde complexos”, segundo informa do gabinete de comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

    Fonte: Xornal da USC

Pe de paxina