14/09/15 - Antimateria, magia y poesía e Semiótica de textos selectos de Sanders Peirc

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Dúas obras da USC, galardoadas nos Premios Nacionais de Edición Universitaria

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • As obras editadas pola Universidade de Santiago Antimateria, magia y poesía e Semiótica de textos selectos. Charles Sanders Peirce resultaron gañadoras dos XVIII Premios Nacionais de Edición Universitaria que recoñecen as mellores publicacións das universidades e centros de investigación de España de 2014.
     
    Antimateria, magia y poesía, de José Edelstein e Andrés Gomberoff, fíxose co galardón á mellor obra de divulgación científica, pola súa "claridade de exposición e amenidade no tratamento de temas verdadeiramente complexos nun soporte económico que favorece a difusión", segundo apuntou o xurado.
     
    Pola súa banda, Semiótica de textos selectos. Charles Sanders Peirce foi recoñecida como a mellor tradución das obras editadas en 2014 polas universidades españolas, por "dar visibilidade á produción científica galega a través duns textos selectos de Pierce", en opinión do xurado.  Esta tradución é responsabilidade de María Uxía Rivas Monroy e Manuel Outeiriño.

Pe de paxina