08/09/15 - Unha das asociacións de arqueólogos máis importante do mundo

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Felipe Criado, nomeado presidente da European Association of Archaeologist (EAA)

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A European Association of Archaeologist (EAA), a segunda asociación de arqueólogos máis importante do mundo despois da Society for American Archaeology, elixiu a un arqueólogo español como o seu presidente para os próximos tres anos: Felipe Criado Boado, profesor de investigación do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) en Galicia, onde dirixe o Incipit (Instituto de Ciencias do Patrimonio).

    O nomeamento fíxose público durante a conferencia anual desta asociación, celebrada en Glasgow (Escocia) e que finalizou o pasado domingo, 6 de setembro.

    Felipe Criado Boado, quen releva no cargo a Friedrich Lüth, director de relacións internacionais do Instituto Arqueolóxico Alemán, márcase como obxectivos para esta nova etapa "responder aos retos que a actual situación de crise en Europa expón tamén á arqueoloxía e ao patrimonio cultural, adaptar a organización da EAA ao rápido crecemento que está a experimentar, profesionalizar a súa xestión, e profundar nas relacións cos outros continentes", segundo informa en nota de prensa a delegación do CSIC en Galicia.

    Fonte: Delegación do CSIC en Galicia

Pe de paxina