07/07/15 - Setestrelo abordará reportaxes, monográficos e libros electrónicos

Presentan a nova sección de ciencia do portal Culturagalega.gal

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Onte presentouse no Consello da Cultura Galega a sección Ciencia/Setestrelo, unha iniciativa da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega, que abordará a cultura científica redactada nun ton divulgativo e ameno. Na rolda de prensa de presentación participaron Francisco Díaz-Fierros, vicepresidente do CCG, Marilar Aleixandre, catedrática da USC e membro da Sección, a xornalista Iolanda Casal e Manuel Gago, director de culturagalega.gal.

    Ademais de reportaxes, a sección incorporará colaboracións de destacados científicos que falarán do seu traballo e das grandes cuestións científicas do momento. O primeiro número, que se irá publicando ao longo desta semana, será "Galicia e as partículas elementais: de Schöringen ao CERN". Onte arrinxaron cunha reportaxe de Iolanda Casal sobre o primeiro Premio Nobel que visitou Galicia e a súa dramática peripecia.

    Máis información e fonte: Culturagalega.gal

Pe de paxina