30/06/15 - No enderezo www.fortalezas.es

O CSIC pon en marcha unha web sobre as fortificacións do sur de Galicia e norte de Portugal

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) puxo en marcha a páxina web www.fortalezas.es, onde se pon a disposición do público xeral, en ton divulgativo, máis de 50 fichas informativas das fortificaciones da fronteira luso-galaica na zona do Baixo Miño. Trátase dun dos principais resultados alcanzados na tese doutoral da arqueóloga Rebeca Branco-Rotea (Vigo, 1973).
    A tese, que se defendeu recentemente e obtivo a cualificación de apto cum laude, analiza máis de oito conxuntos defensivos e 50 fortificaciones. Para iso, desenvolve unha metodoloxía de investigación dirixida ás fortificaciones de época moderna (séculos XVII-XVIII) co fin último de pór en valor, visibilizar e achegar ao público xeral o peso estratéxico da fronteira luso-galaica no contexto da Guerra da Restauração Portuguesa (1640-1668).

    Fonte: Delegacion do CSIC en Galicia

Pe de paxina