30/06/15 - A reportaxe "Algas no agro galego" foi o traballo gañador

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Fallan o II Premio Universitario Contar a Ciencia "La Caixa"

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Dous alumnos da Universidade de Santiago, David Fontán e André Vicente, son os gañadores da segunda edición do Premio Universitario “La Caixa” de Comunicación Científica Contar a Ciencia, que convoca GCiencia coa colaboración da Secretaría Xeral de Universidades, polo seu traballo titulado ‘Algas no agro galego: saber popular e ciencia por un futuro sostible’.

    Os accésit recaeron en Andrea Oca, de Ciencias da Comunicación da USC, pola súa reportaxe: “Cara a cara co monstro: a calor loita coa anorexia’, e na reportaxe de Sara Varela e Miguel Grandío, da Universidade de Vigo, “Obxectivo: deter o Alzhéimer”

    Houbo trece finalistas: Alberto Paz Calo (UVigo),; Carlos Rey (USC); Paula Santos Barbeito (UDC); Raquel Pérez (USC); Alejandro Gándara (USC); Sabela González (USC); Pablo Vázquez Varela (UVigo); Alba María Rego (UVigo); Umá de Oliveira (UVigo); Yasgo Rodríguez (UVigo); Xiana Meda (USC); Ángeles Precedo (USC); e Yago Grela Ojea (USC).

    O obxectivo do certame é divulgar a investigación que se fai nas universidades galegas, promover o xornalismo científico e animar ós estudantes universitarios a coñecer a ciencia nos seus campus. 

    Fonte: GCiencia

Pe de paxina