29/06/15 - O CSIC en Galicia colabora na súa organización

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

O certame Inspiraciencia entrega os seus premios

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O pasado xoves, 25 de xuño, tivo lugar en Barcelona a entrega de premios da quinta edición do concurso de relatos Inspiraciencia, organizado polo CSIC. Foron galardoados os autores de 17 relatos de inspiración científica seleccionados entre os 380 presentados ao concurso. Baseándose na orixinalidade das propostas, a calidade literaria e o contido científico, o xurado concedeu un primeiro premio e a mención dun ou varios finalistas para cada categoría do certame (relato adulto e xuvenil) en castelán, catalán, galego e eúscaro. A iso hai que engadir os dous relatos premiados polo público, elixidos por votación popular.

    Tese, relato sobre como a arqueoloxía pode reinterpretar o pasado (e equivocarse), de José de la Sota Rius (Madrid), e Boro, o peculiar monólogo dun profesional da química estimulando aos mozos a interesarse pola ciencia, de Francisco José Rodríguez Álvarez (Nigrán, Pontevedra), foron, respectivamente, os gañadores nas categorías de relato adulto e xuvenil en castelán.

    En galego, o gañador na categoría de adulto foi tamén José de la Sota Rius (Madrid), con Lección de anatomía, sobre unha disección improvisada por nenos; e en categoría xuvenil, Aldara García Solar (Santiago de Compostela, A Coruña), con Cando mañá non exista, unha visión apocalíptica da Terra.

    En catalán, o primeiro premio de relato adulto foi para Olor a tancat, inquietante historia futurista con final inesperado, de Virgilio Gonzalo Edesa (Sabadell, Barcelona). És culpa nostra, de Marta Alfonso Poza (Castell-Platja d´Aro, Xirona), unha descrición con tinguiduras orwellianos dunha sociedade dividida por unha gran epidemia, foi a proposta premiada na categoría xuvenil.

    En eúscaro, o primeiro premio en categoría de adulto foi para Libre, de Nadia Ochoa de Eguileor (Vitoria-Gasteiz), unha intrigante historia sobre a ansia de liberdade e o modo de conseguila no laboratorio. O premio da categoría xuvenil quedou deserto.

    Os premios do público -que escollían o mellor de cada modalidade, independentemente do idioma- foron na categoría de adulto para Non era a talidomida, unha reflexión sobre as incertezas silenciosas da investigación biomédica, de Joana Llordella Zamora (Esparraguera, Barcelona); e na categoría xuvenil, para Sense identitat, un relato sobre a perda de identidade e a posibilidade de comezar unha nova vida, de Eric Matamoros Morais (Amposta, Tarragona).                     

    Todos os relatos premiados e finalistas pódense ler na web de Inspiraciencia.

    Fonte: CSIC

Pe de paxina