03/06/15 - O químico lucense dirixe o CIC Biomagune no País Vasco

Liz Marzán, premio Jaime I de investigación básica

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O químico lucense Luis Liz Marzán, un dos científicos galegos de maior prestixio internacional, vén de gañar o premio Jaime I na categoría de Investigación Básica, fallado onte en Valencia e que concede un xurado integrado por máis de vinte premios Nobel, o que denota a importancia dun recoñecemento dotado con 100.000 euros. Liz Marzán, catedrático da Universidade de Vigo, foi o primeiro científico galego en acceder ao programa Advanced Grant do ERC, cun financiamento de 2,3 millóns de euros, e actualmene dirixe o Centro de Investigación Cooperativa en Biomateriales CIC BiomaGune en San Sebastián. Esta recoñecido como un dos líderes internacionais e pioneiro no estudo da síntese, caracterización e aplicacións das nanopartículas metálicas.

    Fonte: La Voz de Galicia

Pe de paxina