22/05/15 - A convocatoria estará aberta ata o 3 de xuño

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

O CIQUS acollerá este verán a dez estudantes con interese en iniciarse na investigación

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) oferta dez bolsas para que estudantes realicen este verán un período de prácticas formativas de iniciación á investigación nos laboratorios do centro. Os estudantes deben estar altamente motivados e estar cursando o terceiro curso do grao de Química ou doutra titulación relacionada, en calquera universidade. O alumnado seleccionado desenvolverá un breve proxecto de investigación baixo a supervisión dun investigador principal do CIQUS nalgunha das liñas de traballo estratéxicas do centro. A experiencia permitiralles aos/ás participantes adquirir experiencia e destreza nos métodos e técnicas asociadas á temática do proxecto asignado, aprenderán a planificar experimentos, analizar datos, realizar buscas bibliográficas e a redactar unha breve memoria. O prazo de solicitude remata ás 14.00 horas do día 3 de xuño. 
    Fonte e máis información: Xornal da USC

     

Pe de paxina