21/05/15 - Xunto a Xián Camanho e Alexander Zhiboedov

O profesor da USC José Edelstein recibe unha mención no concurso de ensaios da Gravity Research F.

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  •  

    O profesor de Física de Partículas José D. Edelstein xunto a Xián O. Camanho e Alexander Zhiboedov son os autores dun ensaio que acaba de ser recoñecido coa mención honorífica no concurso da Gravity Research Foundation e que versa sobre a aplicación da teoría da gravitación a escala cuántica. 
    O concurso da Gravity Research Foundation é unha iniciativa de Roger Babson para fomentar o estudo arredor da gravidade que se remonta a 1949, data da primeira edición destes premios. Na edición deste ano, foi elixido como gañador un texto de Gerard’t Hooft, premio Nobel de Física en 1999 xunto con Martinus J.G. Veltman. Esta é unha convocatoria que ten entre os seus gañadores de anteriores edicións a científicos senlleiros e premios Nobel como Stephen Hawking, Roger Penrose, François Englert ou Gerard’t Hooft, entre outros.
     
    Fonte e máis información: Xornal da USC

Pe de paxina