21/05/15 - Gañan o concurso Next Things 2015

Premio a un vestido ambiental ideado en Belas Artes

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A investigadora da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, María Castellanos, e o profesor do máster en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual, Alberto Valverde, veñen de gañar o premio Next Things 2015 "Desafío global de arte e tecnoloxía", convocado por Telefónica I+D e LABoral Centro de Arte e Creación Industrial de Xixón, polo deseño dun vestido capaz de medir diferentes factores ambientais e estudar a incidencia que estes teñen na persoa que o porta. Despois de que a súa proposta fose a seleccionada polo xurado de entre as 39 presentadas desde diferentes partes do mundo, estes dous investigadores traballarán nos próximos seis meses no deseño dunha prenda capaz de medir a contaminación.

    Fonte: Fundación CEER

Pe de paxina