15/05/15 - Da man do portal GCiencia, coa colaboración do Banco Pastor

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Nace o sitio web Galiciaspinoff.com e convocan o I Premio Galicia Spin-Off

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O portal de divulgación científica GCiencia, en colaboración co Banco Pastor, lanza hoxe un novo espazo de información sobre as spin-off, as empresas que xurden das universidades para transferir a súa tecnoloxía e patentes; e que xa teñen un importante peso na economía e no emprego.

    Segundo informa GCiencia, Galicia Spin-off é un novo sitio web que funciona como sección de GCiencia pero tamén como unha microsite independente, na dirección www.galiciaspinoff.com. A través de novas, entrevistas, reportaxes e todo tipo de contidos informativos seguirán a actualidade das spin-off das tres universidades de Galicia. 

     

    Ademais, GCiencia e o Banco Pastor crean o I Premio Galicia Spin-Off, que recoñecerá ás mellores empresas deste eido do emprendemento en dúas categorías: Selo de Calidade, recoñecerá á spin-off galega que máis teña destacado nos últimos anos polo seu crecemento e resultados, e Idea Emerxente, á empresa, proxecto ou iniciativa máis brillante xurdida dende xaneiro de 2014. Podes consultar as bases completas do premio en www.galiciaspinoff.com.

    Fonte: GCiencia

Pe de paxina