29/04/15 - É a primeira científica en ser homenaxeada

Ángeles Alvariño será homenaxeada no Día da Ciencia en Galicia

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A oceanógrafa ferrolá Ángeles Alvariño será a primeira muller científica homenaxeada no Día da Ciencia en Galicia, que se celebrará o vindeiro 1 de xuño. A celebración promovida pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) vén substituír o Día do Científico Galego para darlle un carácter máis aberto e unha maior dimensión á conmemoración. A homenaxe, que coincide co décimo aniversario do falecemento da investigadora, foi aprobada unanimemente polos académicos a conta das importantes contribucións da investigadora ferrolá ao coñecemento das especies animais mariñas máis pequenas, segundo recolle GCiencia.

    Fonte e máis información: GCiencia

Pe de paxina