31/03/15 - O achádego foi publicado na revista Zootaxa

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Científicos da UVIGO e do IEO descobren unha nova especie de cangrexo ermitán en Mauritania

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Segundo publica o Diario da Universidade de Vigo, investigadores da Facultade de Ciencias do Mar e do Instituto Español de Oceanografía (IEO) acaban de publicar na revista Zootaxa un completo traballo sobre os cangrexos ermitáns de augas profundas de Mauritania, no que se describe unha especie descoñecida ata agora para a ciencia. O artigo é obra dos investigadores Susana S. de Matos-Pita e Fran Ramil, do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal, e inscríbese no marco do Proxecto EcoAfrik. A nova especie recibiu o nome de Paguristes candelae e os investigadores agardan que esta non sexa a última noticia sobre o descubrimento de novas especies en augas de Mauritania, xa que está pendente a publicación doutros dous traballos máis, tamén sobre a biodiversidade dos crustáceos.

    Fonte e máis información: DUVI

Pe de paxina