03/03/15 - A final celebrouse na Domus o 28 de febreiro de 2015

Resólvese o XVI Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O pasado sábado, 28 de febreiro, tivo lugar a fase final do Premio Luis Freire na Domus, A Coruña. Os primeiros premios versaban sobre o papel dos carnívoros na dispersión das sementes do carnabudo no Courel, un proxecto tecnolóxico para mellorar a conservación dos alimentos combinando a refrixeración cos ultrasóns e un proxecto nunha aula de Primaria para comprobar se é verdade que a luz da lúa pon verdes as patacas. Os gañadores asistirán a feiras científicas como Galiciencia en Ourense ou a Exporecerca Jove de Barcelona.

    Fonte e máis información: MC2


Pe de paxina