19/02/15 - O torneo online comezará en marzo

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Presentan a edición 2015 do campionato mundial de modelado 3D de precisión con móbil

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A Universidade de Santiago de Compostela presentou onte o campionato mundial de modelado 3D de precisión con móbil ‘D3Mobile Metrology World League 2015’, un certame promovido polos investigadores do grupo USCAN3D e co que se pretende potenciar as vocacións científicas en estudantes nados/as entre 1997 e 1999 a través dun elemento de uso cotiá como é o teléfono móbil. Malia que segue aberto o prazo de inscrición até o 5 de marzo, xa están inscritos equipos procedentes de 30 países de Europa, América e Asia. Os estudantes que participen no concurso aprenderán, con axuda do seu profesor e vía e-learning, unha metodoloxía que, con apenas dúas tardes de estudo, permítelles facer modelos 3D virtuais a escala de calquera obxecto a partir de fotografías tomadas co seu teléfono móbil. Nesta edición aumenta ademais a dotación dos premios que supera os 11.000 euros en agasallos tecnolóxicos.

    Fonte e máis información: Xornal da USC

Pe de paxina