13/02/15 - Organizado pola Delegación de Alumnos e Alumnas de Ciencias do Mar

O programa Live Science achega a investigación mariña a estudantes de Ciencias do Mar

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Os estudantes de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo veñen de poñer en marcha o programa formativo e divulgativo Live Science, que pretende achegar os estudantes á investigación que se realiza na facultade e noutros centros de investigación. As actividades comezaron este mes e xa puideron coñecer catro liñas de investigación, e quedan por diante outras ao longo deste mes e comezos de marzo. Grazas a este programa, os estudantes xa puideron visitar o Centro Oceanográfico de Vigo e, despois do entroido, visitarán a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla e o Instituto de Investigacións Mariñas.

    Fonte: DUVI

Pe de paxina