06/02/15 - Segundo un estudo realizado por Obra Social La Caixa, FECYT e Everis

As actividades de divulgación fomentan as vocacións científicas

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A Obra Social "La Caixa", a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) e Everis presentaron o pasado 4 de febreiro un estudo pioneiro sobre a avaliación do impacto das accións de divulgación en termos de promoción de vocacións científico-tecnolóxicas.  Deste estudo despréndese que as accións de divulgación científico-tecnolóxicas impactan en máis dun 5,6% na promoción de vocacións científico-tecnolóxicas. 

    O estudo foi desenvolto durante dous cursos escolares e contou coa participación de máis de 2.500 estudantes de ESO en actividades promovidas pola FECYT e CosmoCaixa.

    Unha conclusión relevante é que entre os alumnos con menor rendimento académico é onde máis aumenta o número de nenos interesados en realizar estudos de ciencias, matemáticas, enxeñaría e tecnoloxía (STEM) tralas actividades de divulgación (+12,8%). Ademais, as accións de divulgación inflúen máis entre os alumnos de menor nivel socioeconómico, colaborando a reducir a brecha social existente na actualidade.

    Máis información e fonte: FECYT

Pe de paxina