02/02/15 - En colaboración coa Área de Normalización Lingüística da UVIGO

Divulgare traduce os seus vídeos ao galego

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O grupo Divulgare, do Laboratorio de evolución e ecoloxía da Universidade de Vigo, anunciou o pasado venres a posta a disposición do público xeral dunha web con todos os vídeos do grupo en lingua galega, grazas á colaboración da Área de Normalización Lingüística da Universidade. Estes traballos recibiron xa máis de 600.000 descargas, 14 premios internacionais e visitas dende 142 países. Unha vez feitas as traducións, agora dende Divulgare están a traballar nun portal web que dea acubillo a estes e aos futuros vídeos.

    Fonte e máis información: DUVI

Pe de paxina