30/01/15 - No marco da expedición Malaspina

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Investigadores galegos avanzan no coñecemento das profundidades dos océanos

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Investigadores da expedición Malaspina, entre os que se atopa Xosé Antón Álvarez Salgado (IIM-CSIC, Vigo), veñen de dar un paso adiante no coñecemento da materia orgánica disolta no océano profundo, unha gran "caixa negra" formado por miríadas de substancias que persisten de centos a miles de anos.
    Os resultados, que se publican no último número da revista Nature Communications, están baseados en 800 mostras de todos os océanos recollidas durante a circunnavegación do buque Hespérides. Profundizan no coñecemento da "bomba microbiana do carbono", un mecanismo co que o océano almacena carbono procedente da actividade humana.

    Fonte: Delegación do CSIC en Galicia

Pe de paxina