27/01/15 - Polas súas grandes contribucións á economía ambiental

O economista ambiental Michael Hanemann, doutor honoris causa pola Universidade de Vigo

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Considerado un dos economistas de recursos ambientais vivos máis importantes, W. Michael Hanemann converterase este xoves no vixésimo quinto doutor honoris causa pola Universidade de Vigo, trala aprobación do Consello de Goberno a proposta do Departamento de Economía Aplicada. As súas grandes contribucións no ámbito da economía ambiental, a da auga e do cambio climático, o seu traballo en áreas de interese estratéxico na Universidade de Vigo e a súa vinculación con Vigo, Galicia e España, son os tres piares sobre os que o Departamento de Economía Aplicada sustentou a proposta de doutoramento honoris causa ao profesor W. Michael Hanemann. 

    Máis información e fonte: DUVI

Pe de paxina